Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

CONTO COOPERATIVO.

CONTO COOPERATIVO. Outra actividade proposta para os nenos e nenas desde Educación Infantil ata 4º de Educacion Primaria, é o conto cooperativo. Como vedes, é outra actividade cooperativa, porque partimos da base de que esta batalla contra o camio climático é cousa de todxs. As premisas para elaborar este conto é que cada aula inventa, prepara e plasma unha escea desta historia, totalmente creativa e espontánea, coa condición de que   mellor que sexa en relevo, e de novo, elaborada con material reutilizado. Como ? A aula de 3º A inicia a historia, que logo pasará á aula de 4 anos A para continuala. Despois 4 anos B, le o anterior e continúa o relato. Unha vez rematado, pasao ao curso seguinte, que ten que ir lendo, para darlle forma e continuala. Así creamos un conto entre todos, coa idea de poder presentalo a todo o cole   o día 23 de abril, día do libro. 

CONSELLOS SOBRE MEDIO AMBIENTE NA RADIO.

Imagen
CONSELLOS SOBRE MEDIO AMBIENTE NA RADIO E NO RECREO. Na hora do recreo se escoitan mensaxes que gravamos previamente  na radio escolar do cole. E tamén no recreo temos Patrullas verdes que se encargan de vixiar que reciclemos o lixo das merendas.

A DURACIÓN DOS MATERIAIS.

A DURACIÓN DOS MATERIAIS. Por mor do uso de materiais que podiamos reutilizar,reciclar e reducir,estamos a aclerar o Cambio Climático que estamos a estudiar de xeito interdisciplinar no cole. @s nen@s de primeiro de primaria investigaron sobre a duración dos materiais que usamos habitualmente,e cómo podemos facer para ser máis coidadosos co noso Planeta. A DURACION DOS MATERIAIS.

CLASE DE CLIMA E METEOROLOXÍA COS MAIORES.

Imagen
CLASE DE CLIMA E METEOROLOXÍA COS MAIORES. Cando íamos facer unha clase cos nen@s de sexto de Primaria suspendéronse as calses polo Covid-19 ,pero pensamos retomalo en setembro.

DÍA DA MULLER

Imagen
8 DE MARZO DÍA DA MULLER. Nesta conmemoración, destacamos a figura de Greta Thunberg como persoa loitadora contra o cambio climático e o quentamento global e fixemos unha exposición de libros na Biblioteca do cole.

EXPERIMENTOS CLUBE DA CIENCIA METEOROLOXÍA.

EXPERIMENTOS CLUBE DA CIENCIA METEOROLOXÍA. O que sí poidemos facer foi o experimento da "A nube nunha botella"  e "Facer neve artificial" nos Xoves da ciencia que facemos na hora do recreo. Tamén saímos no programa "Aquelando" da TVG  facendo os experimentos. A nube nunha botella.

MAPAMUNDI COOPERATIVO.

Imagen
MAPAMUNDI COOPERATIVO. Mentres os maiores faciamos a actividade da gymkana, o alumnado de Educacion Infantil e 1º ciclo de Primaria, tiñamos outra tarefa: Crear un mapamundi entre todos con material reutilizado. Para isto, partiron un mapamundi en 10 partes e cada aula tiñamos que decorar unha desas partes, para despois montalas e que quedara unha imaxe collage, que colgamos á entrada da biblioteca.  Aínda non nos dou tempo a rematala,polas circunstancias que atravesamos  polo Covid-19, pero quedou moi orixinal e cunha mensaxe moi boa: entre todos, podemos construir un mundo mellor. 

DÍA DA PAZ.

Imagen
 30 DE XANEIRO.DÍA DA PAZ. Para valorar a importancia das árbores nos ecosistemas e  no planeta globalmente, para conmemorar este día, seleccionamos a Wangari Maathai e o seu libro:  "Wangari y los árboles de la paz". Tamén fixemos unha plantación na Ria do Burgo en colaboración con Voz Natura.