Entradas

TRABALLO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO NO CEIP RÍA DO BURGO. Como xa sabedes a temática do Proxecto Dixital Integrado (PDI) da Biblioteca este cuso 2019-20 foi "O  cambio climático" e neste video podedes ver todo o que fixemos ao longo  do curso. Blogue da biblioteca
EXPERIMENTO "A NUBE NUNHA BOTELLA". No Clube da Ciencia nos dan moita caña e temos que facer experimentos científicos. Aproveitamos para facer a condensación con gas e alcohol simulando unha nube grazas a Noa e Antía.

CONTO COOPERATIVO.

CONTO COOPERATIVO. Outra actividade proposta para os nenos e nenas desde Educación Infantil ata 4º de Educacion Primaria, é o conto cooperativo. Como vedes, é outra actividade cooperativa, porque partimos da base de que esta batalla contra o camio climático é cousa de todxs. As premisas para elaborar este conto é que cada aula inventa, prepara e plasma unha escea desta historia, totalmente creativa e espontánea, coa condición de que   mellor que sexa en relevo, e de novo, elaborada con material reutilizado. Como ? A aula de 3º A inicia a historia, que logo pasará á aula de 4 anos A para continuala. Despois 4 anos B, le o anterior e continúa o relato. Unha vez rematado, pasao ao curso seguinte, que ten que ir lendo, para darlle forma e continuala. Así creamos un conto entre todos, coa idea de poder presentalo a todo o cole   o día 23 de abril, día do libro. 

CONSELLOS SOBRE MEDIO AMBIENTE NA RADIO.

Imagen
CONSELLOS SOBRE MEDIO AMBIENTE NA RADIO E NO RECREO. Na hora do recreo se escoitan mensaxes que gravamos previamente  na radio escolar do cole. E tamén no recreo temos Patrullas verdes que se encargan de vixiar que reciclemos o lixo das merendas.

A DURACIÓN DOS MATERIAIS.

A DURACIÓN DOS MATERIAIS. Por mor do uso de materiais que podiamos reutilizar,reciclar e reducir,estamos a aclerar o Cambio Climático que estamos a estudiar de xeito interdisciplinar no cole. @s nen@s de primeiro de primaria investigaron sobre a duración dos materiais que usamos habitualmente,e cómo podemos facer para ser máis coidadosos co noso Planeta. A DURACION DOS MATERIAIS.

CLASE DE CLIMA E METEOROLOXÍA COS MAIORES.

Imagen
CLASE DE CLIMA E METEOROLOXÍA COS MAIORES. Cando íamos facer unha clase cos nen@s de sexto de Primaria suspendéronse as calses polo Covid-19 ,pero pensamos retomalo en setembro.

DÍA DA MULLER

Imagen
8 DE MARZO DÍA DA MULLER. Nesta conmemoración, destacamos a figura de Greta Thunberg como persoa loitadora contra o cambio climático e o quentamento global e fixemos unha exposición de libros na Biblioteca do cole.